Venres 29 Marzo 2024

Por que a avespa asiática avanza sen control?

Nos últimos anos, un pequeno insecto chegado do outro lado do mundo espallouse a toda velocidade por Galicia. A avespa asiática (Vespa velutina) xa está presente en case a totalidade das provincias de A Coruña e Pontevedra, no norte da de Lugo e en vinte concellos de Ourense. Esténdese a unha velocidade duns cincuenta quilómetros por ano e todo apunta a que acabará aparecendo acabará aparecendo en toda a xeografía galega, con excepción das zonas máis altas de Lugo e Ourense.

Esta especie invasora, que provoca grandes perdas aos apicultores e ameaza o ecosistema, entrou en Europa por Francia, arredor de 2004, nalgún barco que atracou no porto de Burdeos. Comezou a estenderse polo sur do país galo e o norte da península Ibérica. Ao fin, no ano 2013 detectouse en Galicia.

Publicidade

A súa expansión foi rapidísima. No verán de 2016, en pouco máis de dous anos, xa se levaban retirados máis de 10.000 niños no noso territorio. Ao carecer de depredadores no ecosistema local, e debido á súa voracidade cara as abellas, colonizou amplas zonas.

O seu ciclo anual distribúese en cinco fases. En inverno, as raíñas fundadoras hibernan e morren os machos e as avespas obreiras. Arredor dos meses de febreiro e marzo, as raíñas comezan a construír os niños primarios, os máis pequenos, en zonas agochadas. Coa primavera, entre abril e maio, nacen as obreiras e mudan ao niño secundario, de maior tamaño, e que adoita estar en zonas elevadas.

A colonia medra durante o verán, ata alcanzar un máximo de entre 1.200 e 1.800 individuos por colonia entre setembro e outubro. Nesta estación prodúcense a maior parte dos ataques contra as colmeas das abellas. É neste momento cando nacen os machos e as femias e se produce a fecundación. Xa no outono, as raíñas fundadoras emigran do niño secundario e hibernan ata que comeza de novo o ciclo.

Os danos que causa son cuantiosos e diversos. Segundo cálculos da Asociación Galega de Apicultura (AGA) a aparición da velutina nas distintas comarcas galegas provocou unha perda que oscila entre o 30 e o 40 por cento da produción de mel nas zonas afectadas.

Non en tanto, os colectivos afectados xa levan tendo traballando para frear a invasión da velutina. Numerosos apicultores e expertos desenvolveron varios tipos de trampas para capturalas. A nivel institucional, a Deputación de A Coruña ten en marcha un convenio coa Universidade de Santiago que vai a actuar en catro liñas de investigación contra esta praga.

Segundo explica Rogelio Conde-Pumpido, director de Xestión de Investigación da USC, estase a traballar no análise de biocidas que se empregan en distintas partes do mundo, no estudo dos parasitos naturais que existen en Galicia e que poderían afectar á velutina, na elaboración dun mapa con información exhaustiva sobre a praga e os medios para enfrontala e, finalmente, na análise do impacto económico e social que está a ter a aparición da velutina no campo galego.

Ademais, fontes coñecedoras da praga sinalan que nos atopamos nunha fase de expansión da praga que deberá concluír nalgún momento. Pouco a pouco as abellas serán máis efectivas á hora de evitar os ataques das velutinas e tamén poden aparecer parasitos e depredadores que fagan diminuír os exemplares desta especie invasora.

logo_MEIC_FECYT_Web

3 COMENTÁRIOS

  1. Pregunta:estase investigando acercs dos parásitos que poden derrotar ás velutinas ou outro mètodo de destruílas? Podería der incluso un tema de doctorado

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra