Venres 19 Abril 2024

Como funcionan as bateas?

Como chegaron as bateas ás rías galegas? Quen tivo a idea? Cando empezaron a poboar as augas? Ata o século XX, o mexillón recollíase do seu hábitat natural, pegado ás rochas. Nesta época realizáronse os primeiros intentos para desenvolver un método de cultivo máis produtivo, ata que no ano 1945, instálase na ría de Arousa a primeira batea.

O prototipo, creado pola empresa Viveros del Rial, que xa intentara o cultivo sobre estacas, tiña un único flotador do que penduraba unha estrutura de madeira onde se poñían cordas de esparto. Os bos resultados obtidos animaron a outros produtores mexilloeiros a imitar a experiencia, que se estendeu polas rías de Vigo, Pontevedra, Sada e Muros e Noia.

Publicidade

As bateas teñen mudado moito desde aqueles primeiros modelos, mais o proceso de I+D+i segue hoxe en día en marcha, coa incorporación de novos materiais, novas estructuras e novos métodos ao longo de todo o proceso de cultivo.

Este proceso é un ciclo que se repite todos os anos. Os propios mexillóns machos e femias, desde as bateas, botan os seus gametos ao mar, onde se fecundan. As correntes levan a estes embrións ata as rochas, nas que se fixan as crías. Aquí acoden os mexilloeiros para seleccionar e recoller as mellores sementes.

Unha vez recollidas, encórdanse as crías na corda que queda posteriormente pendurada da batea. Grazas á riqueza de nutrientes das augas das rías, debido ao fenómeno do afloramento, os mexillóns filtran o alimento e van medrando ao longo dos meses. Ademais, a través do biso, a coñecida como ‘barba‘ do mexillón, segregada a base de proteínas, o molusco pégase á corda, garantindo a súa supervivencia.

Unha vez acadan un tamaño considerable, é preciso desdobrar as cordas, debido ao peso. Posteriormente, bótanse de novo á auga. Pasado un ano despois da semente, o mexillón acada a talla comercial, polo que xa pode ser retirado do mar e comercializado, despois de pasar esixentes controis sanitarios e de calidade.

Galicia é a maior produtora de mexillón en Europa, e a segunda mundial, só por detrás de China. Debido á importancia do sector, os organismos encargados do control sanitario dos moluscos son un referente no mundo.

logo_MEIC_FECYT_Web

1 comentario

  1. Creo de justicia reivindicar la memoria de D. Alfonso Ozores Saavedra, Sr. De la Casa de Rubianes y Marqués de Aranda , puesto que fue el pionero y el padre de lo que es hoy el sector mejillonero gallego, Vd es. mencionan en su su trabajo , Viveros del Real, empresa fundada por De. Alfonso, pero antes de esto , se hicieron Muchas pruebas y mucho trabajo hasta dar los primeros resultados. Creo que su familia merece este reconocimiento. Muchas gracias

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mexillóns liberan células inmunes fóra do seu corpo en resposta a lesións e infeccións

Os hemocitos libres poden constituír a primeira liña de defensa e estender o sistema de alerta inmunolóxica do molusco

O conflito entre percebeiros e mexilloeiros: “O problema real está na falta de calcio na ría”

O biólogo José Pelayo explica que este composto é indispensable para a cría de mexillón e a súa supervivencia

Así axudaron os mexillóns a estudar a evolución das verteduras do ‘Prestige’

Investigadores do IEO lembran como se desenvolveu primera campaña oceanográfica para avaliar o impacto medioambiental do accidente

Google inclúe as bateas de Arousa nas 1.000 paisaxes máis impresionantes da Terra

A última actualización das paisaxes de Earth View recolle unha imaxe tomada por satélite dun polígono bateeiro entre A Illa e Vilanova