Venres 29 Marzo 2024

O colexio San Martiño gaña o certame Pontenciencia

O colexio San Martiño gañou o primeiro premio na edición de 2017 do certame Pontenciencia, que organiza o Concello de Pontevedra coa colaboración da FECYT. Os escolares deste centro destacaron cos seus experimentos. Os alumnos de centraron os seus proxectos no corpo humano. Por un lado, desenvolveron “Soprarei e soprarei” no que miden a capacidade pulmonar, neste caso dos nenos do colexio, e os factores que inflúen en que aumente ou diminúa. Por outra banda, elaboraron “Con moito tacto” para descubrir cales son as zonas da pel que teñen máis sensibilidade á presión, sendo finalmente as xemas dos dedos.

Pola súa banda, os alumnos de de Primaria quixeron comprobar se o zume de laranxa é o que ten máis vitamina C e se ás 24 horas esta desaparece. Para averigualo, deseñaron o experimento “Fábricas de vitamina C”, no que comprobaron que estas hipóteses eran falsas e que a fresa e o kiwi son os que máis teñen este compoñente. Para rematar, o proxecto “A auga: é condutora ou illante?” quería responder a esta pregunta con auga destilada, da billa, azucrada e salgada, concluíndo que as tres primeiras non son condutoras. Só conduce a electricidade a auga con sal. Aínda que a auga do no so corpo ou a da traída levan sales minerais que poden transportar a enerxía eléctrica.

Publicidade

pontenciencia

O alumnado do colexio Santo André de Xeve gañou o segundo premio, cun traballo que consistía en producir xabóns aromáticos empregando prantas cultivadas na súa propia horta escolar.

O CEE Príncipe Felipe levou o terceiro premo, na súa primeira participación no certame Pontenciencia.

Na categoría de ‘Ciencia en familia’, os gañadores foron os Abad Castro, que recibiron o premio Marie Curie. O seu traballo titulábase “Os números da escala musical“. O segundo premio foi para a familia Budiño Rodríguez, polo seu traballo de investigación titulado “Cos pés na area“, no que chegaron a recoller area de 26 praias da ría de Pontevedra. O terceiro premio, que levaba o nome de Ángeles Alvariño, foi para a familia Souto Vilameá polas súas investigacións tituladas “Ondiñas veeeñen e vaan!“.

A familia Abad Castro recibe o premio de mans da concelleira Carmen Fouces.
A familia Abad Castro recibe o premio de mans da concelleira Carmen Fouces.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

O corte transversal dunha casca de ovo, a simetría do brócoli e un nobelo de anisakis, entre as imaxes gañadores de FOTCIENCIA