A familia Rivas Otero, en plenos experimentos eléctricos.

A familia Rivas Otero, en plenos experimentos eléctricos.

A familia Rivas Otero experimenta coa electricidade

Participan no certame PontenCiencia coa súa particular investigación dos fenómenos eléctricos

A familia Rivas Otero prepárase para unha nova edición de PontenCiencia, o certame de miniciencia que organiza o Concello de Pontevedra coa colaboración da FECYT. Eles decidiron investigar sobre algo que nos acompaña en todos os fogares: a electricidade. O seu proxecto leva por título ‘Fenómenos eléctricos’.

-En que consiste o proxecto?
-Facemos varios xogos para familiarizarnos coa carga eléctrica, a corrente continua e os campos electromagnéticos.

-Que lles motivou a participar?

-A posibilidade de ter un ocio en familia que nos “obriga” a crear cousas xuntos, aprender e xogar coa ciencia.

-Quen é o máis cientifico/a da familia?

-Aos pais gustanos ler e medir; aos pequenos gustalles preguntar, fuchicar e probas cousas novas.

-Que valores educativos cren que Pontenciencia achega aos cidadáns en xeral e as familias en particular?

-Consideramos que a aprendizaxe más significativa se alcanza cando algo o descobres por ti mesmo e por iso participamos en Pontenciencia. Ademais anima aos nenos a disfrutar facendo preguntas.

-Cren que o interese pola ciencia está a medrar na nosa sociedade?

-O interese pola ciencia medra en cifras absolutas porque cada vez existen máis persoas que poden acceder a ella.

-Ven importante que estes temas esperten interese cidadán?

-O método científico é a mellor ferramenta que temos para entender a realidade polo que debería ser un software a instalar en cada nova xeración.

A familia Rivas Otero ao completo.

A familia Rivas Otero ao completo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.