Venres 19 Abril 2024

A familia Pérez Estévez cultiva as bacterias do seu fogar

Un estudo do ano 2016 (Kenneth J. Locey e Jay T. Lennon: “Scaling laws predict global microbial diversity”) sinalaba que máis dun billón de especies microbianas teñen o seu fogar no noso planeta. “E onde están todos eses microbios?”, pregúntase a familia pontevedresa Pérez Estévez. E foron buscar a resposta na súa propia casa, nunha investigación coa que participan no certame Pontenciencia, que organiza o Concello de Pontevedra coa colaboración da FECYT.

No resumo do seu proxecto, os Pérez Estévez fan todo un tratado sobre as bacterias “están por todas partes, enriba nosa, debaixo, arredor e incluso dentro nosa. As bacterias son microorganismos unicelulares que presentan un tamaño de algúns micrómetros de largo. Un ambiente húmedo e unha temperatura templada son factores que permiten a unha bacteria desenvolverse. Unha bacteria pode reproducirse un billón de veces en 24 horas. As investigacións existentes revelan que a metade das veces que os nenos/as acuden a urxencias son por accidentes e axentes virais, e a outra metade son enfermidades causadas por bacterias presentes no fogar”.

Publicidade

A partir de aquí, decidiron sair na procura das bacterias do seu fogar.

-En que consiste o proxecto?

-O noso proxecto foi o cultivo -en placas Petri con agar- de bacterias procedentes de distintos medios da nosa casa, ver como crecían e se todas eran iguais. Para iso, eliximos distintos lugares a mostrear: dedo, boca, nariz e unllas (mostras corporais) e retrete, mando, teclado, ventá e pomo da porta (ambiente caseiro) e as colocamos nas placas Petri con agar. Ao longo dun mes fumos observando os seus cambios. Por último as observamos no microscopio.

-Que os motivou a participar?

-A posibilidade de participar nunha actividade na que está involucrada toda a familia, na que nos divertimos xuntos á vez que descubrimos cousas novas. Ademais ofrecer á posibilidade a nenos/as de tan pequenas idades de poder falar en público, aprender a expresarse e perder o medo escénico, son oportunidades que non se deben deixar pasar.

-Quen é o máis cientifico/a da familia?

-O máis científico da casa é, sen dúbida ningunha, Emilio Pérez Estévez, o máis pequeno da familia, que ten un ansia de aprender enorme e moita curiosidade por todo o que lle rodea.

-Que valores educativos achega Pontenciencia aos cidadáns en xeral e as familias en particular?

-Os obxectivos que persigue son achegar a actividade investigadora e a ciencia á sociedade, o que contribúe a crear unha relación máis directa entre os investigadores e o público en xeral. Así mesmo, axuda a despertar a curiosidade e o interese científico das familias e da cidadanía en xeral, ao mesmo tempo que axuda a visibilizar a ciencia e a actividade científica en campos moi diversos.

-Está a medrar o interese pola ciencia na nosa sociedade?

-O interese pola ciencia está a crecer, e son moi importantes este tipo de iniciativas para vincular a comunidade científica e a comunidade educativa e o entorno social, favorecendo a integración do pensamento investigador que pode ser interiorizado e transferido a diversos campos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

A metade da poboación está infectada por ‘Helicobacter pylori’: podemos evitar a súa transmisión?

É unha bacteria estendida e común pero pouco estudada que pode producir enfermidades no estómago e no duodeno