Alumnos do colexio de San Martiño presentan os seus proxectos. Foto: Anxo Iglesias.

Alumnos do colexio de San Martiño presentan os seus proxectos. Foto: Anxo Iglesias.

Cita de pequenos grandes científicos en Pontevedra

A feira Pontenciencia reúne máis de 300 escolares que presentan as súas investigacións

“O importante non son as preguntas: son as ganas e o método para obter as respostas”. Diego Fariña, profesor do colexio San Martiño, resume o espírito de Pontenciencia. Este centro, xa premiado en varios certames, é todo un exemplo. Porque o método científico forma parte do seu proxecto educativo: “Facemos experimentos con cada unidade didáctica; cuatenta ou cincuenta por curso; realmente a Pontenciencia traemos os catro mellores votados polos alumnos”, explica Fariña.

O alcalde Lores e a concelleira Carmen Fouces visitan un dos stands.

O alcalde Lores e a concelleira Carmen Fouces visitan un dos stands.

Coñecer como mediante plantas se poden depurar augas residuais, saber que a laranxa non é a froita con máis vitamina C ou saber cando a auga é condutora da electricidade. Estas son algunhas das investigacións que este venres se presentaron na Escola de Enxeñaría Forestal, con máis de 300 alumnos.

Organizada polo Concello de Pontevedra, e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnoloxía (Fecyt), Pontenciencia parte das propostas formuladas por un comité científico integrado por profesorado da UVigo. Os alumnos desenvolven os traballos nas aulas. E este venres defenderon os resultados ante un xurado integrado tamén por investigadores e investigadoras da Universidade. Este sábado a feira conclúe coa exposición dos experimentos realizados por nove familias.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto a concelleira de Educación, Carmen Fouces, visitaron as casetas dos escolares, que non dubidaron en explicarlles con todo detalle os seus experimentos.

“Os rapaces usan o método científico e aprenden a superar dificultades”

“Os rapaces traballan en grupo, usan o método científico e aprenden a superar as dificultades”, explica María Victoria Calvo, profesora do colexio Marcos da Portela, que se amosa tan animada como os seus alumnos mentres fala de tanques de decantación, especies invasoras e plantas macrófitas. Nótase que estudou a carreira de Bioloxía e que a ciencia é tamén a súa paixón persoal. Ao longo de oito meses, os estudantes aprenderon a depurar augas residuais cun sistema ecolóxico e económico. “Para eles é moi positivo porque converten en experimentos o que len na aula”, dixo dos seus alumnos.

Alumnos do colexio Marcos da Portela.

Alumnos do colexio Marcos da Portela.

“É o terceiro ano que vimos e a experiencia é moi enriquecedora, o máis interesante é que o alumnado traballa dunha forma práctica e comparte experiencias con outros nenos que están facendo o mesmo”, salienta desta xornada Sergio Meis, profesor do CEIP Pontesampaio.

María Alonso, profe de Ciencias Naturais do colexio Príncipe Felipe, traía cos seus alumnos un sistema para facer compost e para evitar a erosión do solo. Ao longo de 5 meses, 24 alumnos de sexto e 17 de quinto curso desenvolveron o seu experimento. “Traballar por equipos e desenvolver proxectos é algo que motiva aos alumnos”, explicou Alonso, quen non dubidou de que Pontenciencia poderá espertar futuras vocacións científicas, “aínda que polo de agora o que queren ser todos os rapaces é ser famosos futbolistas”.

En Pontenciencia, os escolares tamén puideron gozar das múltiples actividades que complementaban a presentación de proxectos nesta feira, como obradoiros de fabricación de obxectos con impresoras 3D empregando a pataca como fonte de enerxía, de experimentación con música electrónica ou sobre un achegamento sensorial á illa de Sálvora. A EE Forestal acolleu tamén a exposición Mulleres Faro, que busca achegar aos nenos e nenas ás traxectorias de científicas, escritoras ou artistas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.