Venres 19 Abril 2024

Xornadas internacionais sobre xenómica no Campus Terra da USC

A Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC acolle os martes 16 e 23 de xaneiro as xornadas internacionais “Xenómica para a mellora das producción e a xestión da biodiversidade”. No evento reuniranse investigadores de institucións como a Universidade de Vigo, Universidade de Zaragoza, a Autónoma de Barcelona, Universidade Politécnica de Madrid, o Instituto de Ciencias del Mar, o Centro de Investigaciones Forestales, o Roslin Institute, así como da universidade organizadora da actividade.

As xornadas teñen por obxecto “discutir a contribución da xenética e da xenómica á mellora das produccións do sector primario, centrándose as mesmas na produción animal e a produción forestal, así como no papel que pode xogar na conservación  e na xestión da biodiversidade”, segundo sinalan os organizadores.

Publicidade

Abordaranse temas como o programa de selección xenética da raza rubia galega, a selección xenómica en bovino de leite, ovino e porcino, a mellora xenética en acuicultura, no referente ás producións animais e outros asuntos como a conservación dos recursos xenéticos forestais ou a recuperación do lince ibérico.

Aquí podes consultar o calendario completo das xornadas e o currículo dos poñentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'