Vacas de leite en réxime de pastoreo. Foto: USC.

Vacas de leite en réxime de pastoreo. Foto: USC.

Xornadas sobre vacún de leite e pastoreo no Campus Terra

O Campus Terra da USC celebrará o 14 de novembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría as xornadas ‘Vacún de leite e pastoreo’, un foro aberto á participación de produtores e demais profesionais ligados ao sector, no marco do que varios relatores ofrecerán a súa visión respecto das vantaxes que pode reportar o pastoreo fronte á actual crise de presos do leite.

A eliminación das medidas de apoio aos prezos e de control da produción polas cotas que estiveron vixentes nas últimas décadas no mercado europeo está provocando unha maior variabilidade e uns niveis de prezos máis baixos. Nesta  nova situación resulta interesante coñecer as experiencias sobre a produción de leite baseada nos prados e no pastoreo desenvolvidas en  Francia, Holanda e Irlanda, así como a existente en Galicia. Ante esta situación, o Campus Terra da USC presenta esta xornada sobre vacún de leite e pastoreo co obxectivo de achegar información de utilidade ao respecto do novo contexto do sector a gandeiros, persoal técnico e estudantes

As xornadas, de inscrición gratuíta para todas as persoas interesadas, desenvolveranse en quenda de mañá e tarde. O programa comezará coa exposición introdutoria sobre a produción de leite en Galicia, a cargo do profesor Francisco Sineiro. De seguido, tres relatores chegados de Holanda, Francia e Irlanda, que presentarán en Lugo as experiencias de pastoreo, estratexias de xestión para a optimización da produción de leite e mesmo sobre a evolución experimentada polo sector de vacún de leite trala supresión do sistema de cotas leiteiras. Unha sesión de debate, moderada por Francisco Sineiro, servirá de colofón da xornada matinal.

O profesor da Facultade de Veterinaria da USC Gonzalo Fernández Rodríguez abrirá a sesión de tarde, durante a que técnicos do Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Xunta de Galicia, e do Ligal, afondarán sobre a relación existente entre os sistemas de produción e a calidade do leite de vacún en Galicia, ao tempo que presentarán os resultados dalgúns proxectos cooperativos de investigación xa desenvolvidos.

O técnico especializado en pastos e asesor Xan Pouliquen pechará a quenda de relatorios cunha intervención baixo o título ‘Pastar en Galicia? É posíbel e redíbel!’. A posta en común das experiencias de dous produtores, como o son José Eladio Lavandeira, da SAT Xesteira, de Zas, e Daniel Veiga Legazpi, da gandería Patalarga, de A Pastoriza, servirá de epílogo deste foro.

As persoas interesadas en participar nesta xornada de carácter informativo, pero cunha marcada orientación técnica, poden formalizar a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico pedrofiz.rocha@usc.es ou no número de teléfono 630 526 850.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.