Martes 23 Abril 2024

Xornadas sobre proxectos de enxeñaría no Campus Terra

Técnicos de distintos ámbitos ofreceron a súa visión sobre diferentes aspectos relacionados coa xestión de proxectos no marco das xornada técnica organizada pola Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro) na Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC, onde se puxo de manifesto a importancia da figura e do cometido profesional que desenvolve o director/a de proxecto.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e o coordinador do máster oficial da USC en Dirección de Proxectos, Carlos Amiama Ares, foron os encargados de abrir este foro, que permitiu estreitar aínda máis as ligazóns existentes entre a EPS e a Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro), que se comprometeu a organizar con certa periodicidade novas accións formativas e de divulgación no centro universitario lugués, no que o próximo ano a USC botará a andar a décima edición do seu máster oficial en Dirección de Proxectos.

Publicidade

A directora de proxectos da empresa Norvento Enerxía, Liliana Grande, abriu a quenda de relatorios desta xornada e foi seguida das intervencións do xefe da área de planificación e infraestructuras do Porto de Vigo, José Enrique Escolar, o capitán do navío e xefe de enxeñaría e Construcións do Arsenal de Ferrol, Gabriel Braña e, por último o delegafo de Eptisa para Galicia e Asturias, Vicente Alcón Vidal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844