Exemplar de carpobrotus, a 'uña de gato', unha planta invasora que coloniza o litoral galego.

Exemplar de carpobrotus, a 'uña de gato', unha planta invasora que coloniza o litoral galego.

Xornada sobre xestión de especies exóticas invasoras en Culleredo

A Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos organiza este venres 13 de abril en Culleredo unha xornada informativo sobre a xestión e o control de especies exóticas invasoras. O acto conta coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Culleredo e o portal plantasinvasoras.org.

A xornada está dirixida a responsables e técnicos municipais, empresas de xardinería e de xestión ambiental, así como a calquera outra entidade ou persoa interesada na xestión, control e eliminación deste tipo de especies. O acto comezará ás 10 da mañá na Aula de Natureza Juan Lembeye (Avenida de Xoán Carlos I, O Burgo).

 

 A actividade inaugurarase coa intervención de José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo, e José Antonio Santiso, presidente da Asociación As Mariñas-Betanzos. A continuación falará Dominique Roux, de plantasinvasoras.org, sobre o impacto das especies invasoras en Galicia e as estratexias para a xestión, prevención e priorización de accións para a súa erradicación.

O acceso á charla é de balde. Para máis información e inscricións, é posible contactar no teléfono 981 669 541 ou no correo info@marinasbetanzos.gal.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.