Cartel-iComunales-Pontevedra-2017-300x300

Xornada en Pontevedra sobre montes veciñais, incendios forestais e cambio climático

O sábado día 29, en sesión de 10 a 13 horas da mañá e no local social da Comunidade de Montes de Marcón (Pontevedra), Iniciativa Comunales desenvolverá una Xornada de divulgación e debate baixo o título de “Montes veciñais, cambio climático e incendios forestais”. A celebración desta xornada responde a un acordo da II Asemblea Xeral da asociación de ámbito estatal Iniciativa Comunales, celebrada en Pontevedra o pasado 24 de xuño, na que varios socios galegos propuxeron este evento para reflexionar sobre as fatais consecuencias do incendio forestal de Pedrógão Grande en Portugal e a posibilidade dunha vaga de lumes en Galicia semellante á de 2006.

Segundo os expertos, as dimensións do incendio de Portugal son o resultado dunha deficiente xestión forestal das plantacións de eucalipto e piñeiro, do incumprimento da lexislación de incendios portuguesa e, en grande medida, do cambio climático e os seus efectos. O incremento da temperatura e a reducción das chuvias provocaron unha sequidade do solo e da vexetación superiores aos valores normais.

Isto unido a fenomenos meteorolóxicos como as treboadas secas con numerosos raios provoca un incremento notable do risco de incendio forestal, dos seus efectos negativos e das dificultades de extinción, sobre todo en áreas forestais arboradas continuas e na contorna de núcleos de poboación (interfaz urbano-forestal) e especialmente en cando se producen fenómenos complexos como as tormentas de lume que superan as capacidades de extinción de calquera dispositivo.

“O cambio climático xa é unha realidade contrastada, pero nas comunidades de montes non se aprecian cambios no xeito de executar os traballos forestais, as plantacións ou as repoboacións”, reflexionan na convocatoria.

Iniciativa Comunales é unha asociación de ámbito estatal, formada por comunidades que gobernan augas, terras, bens e dereitos de forma comunitaria. Outros membros clave da asociación son ONGs, universidades, empresas e outras entidades, ademais de persoas a título individual. O seu obxectivo común é a defensa e o recoñecemento destes sistemas comunais e promover entre as comunidades a b

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.