Venres 29 Marzo 2024

Xornada de iniciación á micoloxía na Estación Científica do Courel

A Estación Científica do Courel celebrará o vindeiro 21 de outubro unha nova xornada de iniciación á micoloxía centrada na diferenciación entre cogomelos comestibles e velenosos. As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa e de divulgación que xa vai pola súa quinta edición poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 17 de outubro a través dos números de teléfono 982 821 901 e 600 942 418 ou ben nos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez@hotmail.com e Antonio.rigueiro@usc.es.

O programa desta xornada sobre cogomelos comestibles e velenosos, un foro recoñecido pola Xunta de Galicia como actividade formativa do profesorado non universitario, comezará cun relatorio de achegamento ao mundo da micoloxía a cargo de Juan Luis Fernández Lorenzo, profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra.

Publicidade

As principais características que diferencian as especies comestibles das velenosas centrará a intervención do catedrático da USC e director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, que pechará o programa matinal.

Xa en quenda de tarde, unha saída ao monte para identificar e recoller cogomelos baixo a guía do presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, servirá de colofón desta xornada de iniciación á micoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos