Cartel da charla.

Cartel da charla.

Xeomática e cooperación no Campus Terra

A cafetería da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC acolle este xoves unha sesión sobre o proxecto ‘Xeomática e café’, unha iniciativa promovida pola delegación territorial de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica.

A charla que abre este ciclo será impartida por Marcos Rial Docampo, graduado en enxeñaría en Xeomática e Topografía e voluntario do Grupo Agro de Enxeñaría Sen Fronteiras (ESF) desde 2016. Rial falará, arredor dun bo café, da súa experiencia en cooperación internacional a través do programa “Coñecemento da realidade”, promovido por ESF, e da súa estadía no Golfo de Fonseca (Honduras), onde participou como colaborador en proxectos de soberanía alimentaria e fortalecemento de asociacións locais.

O obxectivo de ‘Xeomática e café’ é o de crear sinerxías entre os participantes, fomentado a dimensión multidisciplinar nos grupos de traballo e o debate. Deseñar estratexias acaídas aos contextos actuais de comunicación virtual e de tecnoloxías en constante avance é outro dos cometidos cos que nace este proxecto.

O conxunto das sesións estrutúrase nunha serie de encontros informais con perspectiva de réplica en diversas cidades e a través dos que se pretende divulgar contidos profesionais, científicos e académicos de carácter transversal e de interese para o ámbito da arquitectura e enxeñaría, especialmente para a enxeñaría en Xeomática e Topografía. O Servizo de Participación e Integración Universitaria (Sepiu) da USC, o colectivo da USC Proxéctate en Galego, a propia ONG Enxeñaría Sen Fronteiras (ESF), a Escola Politécnica Superior da de Lugo e o Campus Terra da USC son algunhas das entidades que colaboran co a delegación territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica no desenvolvemento do proxecto ‘Xeomática e café’.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.