Cartel da actividade. Imaxe: Cidade da Cultura.

Cartel da actividade. Imaxe: Cidade da Cultura.

Visitas astronómicas, un plan para os sábados de verán en Compostela

O Observatorio Ramón María Aller da USC colabora coa iniciativa que organiza a Cidade da Cultura

A partir do 1 de xullo e ata mediados de setembro, a Cidade da Cultura do monte Gaiás, en Santiago de Compostela, converterase todos os sábados nun observatorio astronómico. Un ano máis, os monitores do observatorio Ramón María Aller da USC participan nas Visitas Astronómicas que organiza o complexo cultural compostelán.

Por medio de telescopios e prismáticos, e sempre que o tempo o permita, os asistentes aprenderán sobre a Lúa, os planetas, as estrelas dobres ou as nebulosas cunha observación directa, ao aire libre. Ademais, coa axuda dun planisferio, os participantes poderán identificar as constelacións. Dentro do programa inclúese unha cita especial coa noite das Perseidas, o 12 de agosto.

A inscrición, que é de balde, xa está aberta na páxina web da Cidade da Cultura para as xornadas do mes de xullo. As sesións serán de 23 a 1 horas, e están programadas para os días 1, 8, 15, 22 e 29 de xullo, 12, 19 e 26 de agosto, e 2 e 16 de setembro. En caso de meteoroloxía adversa, a actividade levarase a cabo no auditorio Xosé Neira Vilas, situado no propio Gaiás.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.