Xoves 28 Marzo 2024

Matemáticas da USC acolle o VI Encontro da Mocidade Investigadora en Ciencias

O reitor en funcións da Universidade de Santiago, Juan Viaño, preside este mércores 30 a sexta edición do Encontro da Mocidade Investigadora, o congreso anual de alumnado de doutoramento da USC que nesta ocasión corresponde á área de Ciencias.

Na apertura, ás 9.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, participarán tamén a decana do centro anfitrión, Elena Vázquez Cendón; o director da Escola de Doutoramento Internacional en Ciencia e Tecnoloxías da USC, Marco Eugenio Vázquez Sentís; e un representante do comité organizador.

Publicidade

Logo da inauguración terá lugar a conferencia ‘A muller na ciencia’ a cargo da profesora da área de Química Inorgánica da USC Ana María González Noya. A partir de aí desenvolveranse distintas sesións de comunicacións sobre o desenvolvemento das ciencias teóricas e a súa aplicación, territorio e medio ambiente, prevención e detección de enfermidades, propiedades e usos dos materiais, recursos piscícolas, substancias de uso farmacéutico e consumo humano, sistemas agrícolas, gandeiros e forestais e tratamento e valorización de augas residuais.

O encontro contempla ademais dúas mesas redondas, unha sobre Big Data e Machine Learning e outra sobre o acceso á produción científica na carreira investigadora. Como peche, na tarde do xoves 31 o catedrático da área de Electromagnetismo Jorge Mira pronunciará a conferencia ‘Contribucións de Stephen Hawking á Ciencia’.

Podes consultar o programa completo do encontro nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos