Videoconferencia entre os represetantes da UVigo e Cabo Verde. Foto: Duvi.

Videoconferencia entre os represetantes da UVigo e Cabo Verde. Foto: Duvi.

A Uvigo e Cabo Verde unen forzas na investigación das ciencias do mar

O Campus do Mar, tras cinco anos colaborando no desenvolvemento de diferentes iniciativas, dá un salto cualitativo na súa relación con institucións académicas e de investigación de Cabo Verde. Recentemente asinaron un protocolo de colaboración os reitores da Universidade de Vigo e de Cabo Verde, Salustiano Mato e Judite da Encarnaçao Medina do Nasimento, a través dunha videoconferencia, para promover o emprendemento nos sectores estratéxicos relacionados coa economía marítima.

O proxecto Emprendemento no mar. Innovación para o desenvolvemento sostible das comunidades costeiras de Cabo Verbe, Empreamar CV, está subvencionado con preto de 73.000 euros, que a Presidencia de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, AECID, concedeu á Universidade do país africano. “É unha forma de colaboración novidosa que pode dar bos resultados e abrir un novo camiño no xeito de traballar; e isto pode ter impacto no desenvolvemento dos nosos pobos”, asegura o reitor da Universidade de Vigo, que lembrou os grandes frutos que Empreamar está a ter en Galicia, primeiro en Muros e, na actualidade, en Moaña, e ao que se referiu no caso de Cabo Verde como “un salto na forma de enfrontar o emprendemento e unha novidade porque se establece de a través da AECID”. A reitora caboverdiana incidiu na importancia de asinar este protocolo que permite “dar continuidade á colaboración que mantemos co noso parceiro, a Universidade de Vigo, coa que traballamos en áreas prioritarias para nós”.

Xunto aos reitores das Universidades de Vigo e Cabo Verde, participaron na sinatura do protocolo o comisionado de Campus do Mar, Emilio Fernández, así como outros representantes da embaixada española en Cabo Verde e do equipo de Goberno da institución académica africana.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.