Xoves 28 Marzo 2024

A USC e a universidade de Lovaina colaboran en investigacións sobre neurociencia

O responsable do Departamento de Neurociencias da Universidade KU Lovaina (Bélxica), Peter Janssen, visitou recentemente o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) onde mantivo un encontro co catedrático de Fisioloxía Francisco González García. A visita permitiu traballar na definición de proxectos conxuntos de investigación no ámbito das neurociencias con especial atención á visión humana.

Peter Janssen posúe un ampla traxectoria no ámbito da neurociencia que lle ten valido o premio do Consello de Investigación da súa universidade no ámbito das ciencias biomédicas ou o apoio do Human Frontier Science Program, programa internacional que financia investigación novidosa en ciencias da vida e que recoñeceu un traballo no que Janssen e outros dous investigadores contribúen a comprender como a percepción xorde da actividade das neuronas en diferentes áreas do cerebro. Concretamente, demostraron que a actividade na cortiza temporal inferior, pero non na parietal posterior, se co relaciona coas decisións perceptivas sobre superficies tridimensionais (3D).

Publicidade

Na visita puido coñecer o labor que desenvolve o profesor da USC Francisco González no estudo do procesamento da información visual a través do sistema nervioso central. O investigador compostelán ten traballado en técnicas de rexistro unitario extracelular para analizar as respostas das neuronas a estímulos visuais de diferente tipo, así como en visión estereoscópica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns

O cerebro ten a súa propia wifi: comunicacións sen cable do sistema nervioso

Científicos deseñan os primeiros mapas das conexións 'wireless' nun ser vivo mudando a comprensión do funcionamiento neuronal

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde