.

.

A USC e AMIT-gal celebran este venres a xornada ‘Mulleres na Ciencia’

A profesora e divulgadora Marta Macho será a convidada desta edición, que acolle tamén a celebración da asemblea de AMIT-gal

A Asociación de  Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC celebran este venres 1 de decembro a terceira edición da xornada Mulleres na ciencia. Terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

O encontro contará coa participación de Marta Macho Stadler, profesora de Xeometría e Topoloxía na Universidade do País Vasco e divulgadora científica co blog Mujeres con ciencia. Desde hai anos participa en actividades a prol da visibilización das mulleres nas matemáticas e a tecnoloxía. Por este labor recibiu en 2015 o Premio Igualdade da Universidad de Alicante. A continuación da charla terá lugar a asemblea de AMIT-gal.

Para participar na xornada, que é gratuíta, é preciso inscribirse antes deste xoves 30 ás 12 horas. Podes consultar toda a información sobre o encontro nesta ligazón.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.