Venres 29 Marzo 2024

Universidade de Vigo e Escola Naval de Marín colaborarán en investigación en Defensa

Universidade de Vigo e Escola Naval de Marín colaborarán en investigación en Defensa

Este verán, coincidindo coa graduación da primeira promoción de Enxeñaría Mecánica da Escola Naval Militar de Marín, o comandante José Mª Núñez Torrente, colleu as rendas do centro, en substitución de Juan Luis Sobrino. Para o capitán de navío, esta é unha volta á casa, xa que en Marín realizou parte da súa formación militar e neste centro exerceu tamén como subdirector-xefe de estudos durante o proceso de implantación do novo modelo de formación de oficiais adaptado a Boloña. Pasados algo máis de dous meses dende a súa reincorporación á ENM, este martes mantivo unha xuntanza de traballo con Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, entidade á que está adscrito o Centro Universitario da Defensa no que reciben formación universitaria os oficiais.
Nesta primeira toma de contacto entre ambas institucións abordáronse temas de interese común que, como subliñou Núñez Torrente, pasan por estreitar lazos no eido da investigación. Tras a xuntanza, o comandante director explicou que se traballará con intensidade na programación de actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio que comparten ambos organismos, para reactivala. Informou tamén ao reitor da celebración do padroado do Centro Universitario da Defensa o 1 de decembro e do III Congreso Nacional de I+D en Defensa e Seguridade os vindeiros 19 e 20 de novembro. É precisamente a investigación e a innovación un dos temas principais para futuras colaboración entre ambos organismos, unha sinerxía á que contribirá o centro de investigación que se está a habilitar na Escola Naval e para o que, segundo Núñez Torrente, veñen de arrancar as obras. Agárdase que estea rematado a finais de 2016 e “será unha interesante vía de comunicación entre Universidade e o Centro Universitario da Defensa”. As liñas estratéxicas de investigación, transferencia e innovación serán, como apuntou o comandante, marcadas pola Armada, xa que deben de ser de interese para “defensa e seguridade”.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento