Venres 19 Abril 2024

Universidade da Coruña e HM Hospitales crean a Cátedra de Traumatoloxía do Deporte

Universidade da Coruña e HM Hospitales crean a Cátedra de Traumatoloxía do Deporte

Xosé Luís Armesto Barbeito, reitor da Universidade da Coruña, e Juan Abarca Cidón e Ramón Cobián Casares, en representación do Hospital HM Modelo, asinarán mañá, martes, 17 de novembro, o convenio de colaboración polo que se crea a Cátedra HM Hospitales de Traumatoloxía do Deporte.
O acto terá lugar na Sala de Xuntas da Reitoría, ás 12:00 horas, e contará coa presenza do vicerreitor de Investigación e Transferencia, Ricardo Cao, o director da Cátedra, o profesor Carlos Agrasar e o coordinador executivo da mesma, o profesor Rafael Arriaza.
Lograr que na Coruña se forme un centro de referencia no ámbito da traumatoloxía do deporte para todo o noroeste peninsular, promover unha formación de calidade no campo da traumatoloxía do deporte nos ámbitos da medicina, fisioterapia, e da educación física, e estimular a investigación no ámbito da traumatoloxía do deporte son os obxectivos fundamentais cos que nace esta Cátedra, segundo explica a UDC nunha nota.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

Cal é a mellor opción para facer ‘cardio’ na casa?

Se estás pensando en mercar un aparello para adestrar pola túa conta, aquí tes os pros e contras das principais alternativas

A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais