Unha tese sobre eleccións municipais en Galicia, premiada nos ‘Oscar da consultoría política’

A tese ‘Storytelling personal en el relato político. Análisis de los contenidos publicados en Youtube por los candidatos gallegos en las elecciones municipales de 2011’ acaba de ser recoñecida co premio Reed Latino, coñecido como o ‘Oscar da consultaría política’, na modalidade de Mellor Manual, Libro ou Tese de Comunicación Política. O seu autor é Pablo Vázquez Sande, quen acadou a máxima cualificación -sobresaliente cum laude– no acto de defensa e mantemento celebrado o pasado agosto.

O premio é un “recoñecemento claro para os investigadores da USC e nomeadamente para os do Departamento de Ciencias da Comunicación”, apunta Pablo Vázquez ao valorar este recoñecemento ao seu traballo de investigación e agarda que o galardón permita poñer en valor a investigación de Humanidades e Ciencias Sociais, “consideradas en ocasións inferiores ás dos eidos das coñecidas como ciencias puras”. No eido concreto do su traballo considera necesario “a confluencia da investigación e a práctica profesional na comunicación política para conseguir avances substanciais nesta materia”.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.