Unha tese de Lugo crea un modelo de xestión forestal para o piñeiro marítimo

Unha tese de Lugo crea un modelo de xestión forestal para o piñeiro marítimo

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, da Universidade de Santiago, contribúe á mellora da xestión forestal do piñeiro marítimo co desenvolvemento e coa optimización dun novo modelo dinámico de rodal que permite simular a evolución das masas forestais e, por tanto, predicir así parámetros como como o crecemento ou a produción dos piñeiros marítimos.

Estes avances respecto da xestión forestal do piñeiro marítimo son resultado da tese de doutoramento ‘Desenvolvemento dun modelo dinámico de rodal e optimización da xestión de Pinus pinaster Ait. En Asturias’, unha investigación realizada por Manuel Arias Rodil baixo a dirección dos profesores Ulises Diéguez e Marcos Barrio e que vén de presentar este enxeñeiro de Montes na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. Na elaboración desta tese de doutoramento tamén colaboraron investigadores da Universidade de Oviedo, que facilitaron o acceso á información recollida dende 2007 en masas forestais de dita especie, ademais de información de primeira man sobre o tipo de xestión forestal desenvolvida, así como outros investigadores da Universidade de León, que tamén achegaron outros conxuntos de datos.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.