Unha tese da UVigo presenta un novo método para detectar contaminación ambiental

Unha tese da UVigo presenta un novo método para detectar contaminación ambiental

José Joaquín Sancho é docente do Centro Universitario da Defensa da Universidade de Zaragoza e ten tamén unha ampla experiencia no sector privado como enxeñeiro industrial. Estas dúas vertentes profesionais plásmanse na súa tese de doutoramento, na que propón unha nova metodoloxía de análise de calidade ambiental que combina o mellor das dúas técnicas máis empregadas ata agora e que “mellora e preserva a calidade do medio ambiente”. Sancho forma parte do grupo de investigación CI-5 do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente e destaca que dende principios do século XX o Control Estatístico de Proceso (CEP) ten sido empregado como unha exitosa metodoloxía que permite monitorizar a variabilidade e estabilidade dun proceso, fundamentalmente industrial e continuo no tempo. A outra técnica empregada é a Análise Funcional de Datos que é moito máis recente, xa que se comezou a empregar a finais do século pasado. O investigador destaca que “mentres as ferramentas que conforman o CEP son universalmente aceptadas e empregadas para a análise de calidade en contornas industriais, o seu uso non se estendeu por diferentes motivos, sen embargo, ao análise e control de calidade de parámetros ambientais. De feito, lembra que na actualidade “a maioría dos estudos ambientais sobre o control da calidade da auga e do aire, relacionados coa busca de episodios contaminantes anómalos, realízanse mediante a análise de series temporais de datos de diferentes indicadores unitarios (nitratos, amonio, CO2, ozono, etc.) ou ben globais, que están relacionados directamente cos niveis de contaminación existentes”.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.