Unha tese da USC revela que empregar mitoloxía clásica fai máis persuasiva a publicidade

Unha tese da USC revela que empregar mitoloxía clásica fai máis persuasiva a publicidade

Os fenómenos de remitoloxización e ficcionalidade redundan nunha maior forza persuasiva do discurso publicitario, xa que como mecanismos de radicación antropolóxica que son, serven para satisfacer as necesidades expresivas e as aspiracións de plenitude do ser humano, segundo subliña a investigadora da USC María Grandío Montes na súa tese de doutoramento, dirixida por María Ángeles Rodríguez Fontela e Darío Villanueva.

Na súa investigación de doutoramento, desenvolvida baixo o título ‘Ficción literaria e ficción publicitaria. Un estudo comparado do mito de Prometeo’, esta filóloga luguesa analiza a emerxencia de compoñentes temáticos de natureza mítica e o funcionamento de mecanismos propiamente literarios, como é o caso da ficción, na publicidade. A mitoloxía axuda á persuasión cara o consumo, que é o obxecto último do discurso publicitario, sinala Grandío Montes.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.