Unha investigadora viguesa, premio á mellor traxectoria académica en Telecomunicacións

Unha investigadora viguesa, premio á mellor traxectoria académica en Telecomunicacións

Estudar e ter sorte. Ese é o segredo da enxeñeira de Mónica Portela, que vén de ser galardoada co Premio Astellia á Mellor Traxectoria Académica en Enxeñaría de Telecomunicación, unha distinción outorgada polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación e pola Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación. Trátase dun premio a nivel estatal polo que recoñece que é algo “positivo” xa que valora o “traballo realizado durante os anos de carreira”. Laméntase de que moita xente non se presente a estas convocatorias por descoñecemento e lembra que o xurado valora o currículo e o expediente académico e o premio ten unha dotación económica de 1.000 euros.

Para Portela, este non é o primeiro premio que recoñece o seu esforzo académico. Obtivo o Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia en 2013 pola enxeñaría técnica, mentres que este novo galardón corresponde á enxeñaría superior. A investigadora traballa actualmente no grupo de Sistemas Radio, no que comezou cunha xornada de tres horas cando rematou a enxeñaría técnica para así poder continuar cos estudos superiores. Posteriormente, explica, “cando rematei a carreira, ofrecéronme continuar con eles en xornada de 8 horas, e dende entón aquí sigo”, como persoal colaborador en I+D para o proxecto Táctica, impulsado polo centro de investigación AtlantTIC, para potenciar o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC creado en Galicia arredor da EE de Telecomunicación. E este será o seu destino a curto prazo, aínda que pousan a vista máis no futuro, “non teño moi claro”.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.