Miragaya 2

Unha investigación da USC avanza en novos compostos sintéticos surfactantes

A tese de doutoramento ‘Síntese e caracterización de surfactantes de sales biliares, adamantanos, norbornanos, tioles, nanopartículas de Au e resinas Expoxi’, desenvolvida na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC polo investigador e profesor da USC Javier Miragaya Otero e baixo a dirección de Francisco Fraga López e José Vázquez Tato, afonda no estudo de derivados sintetizados con mellores capacidades surfactantes que outros materiais convencionais.

Esta investigación de doutoramento abarca aspectos relacionados coa Química supramolecular, o Biomimetismo molecular e  a Fisicoquímica de Coloides. O estudo implicou o deseño, síntese e caracterización en disolución acuosa de moitos compostos, entre os cales debemos de destacar derivados de sales biliares, con grupos hidrófobos como adamantanos, norbornanos e con grupos tioles.

Estes novos compostos teñen mellor capacidad surfactante que os convencionais

En comparación cos surfactantes convencionais, algúns dos novos compostos presentan melloras en canto á capacidade surfactante, por encima da súa concentración de agregación crítica forman agregados de xeometría variable como pode ser o caso de tubos moleculares, vesículas, micelas, xeles, etc. Algúns dos derivados sintetizados mostran potenciais propiedades para a complejación de iones metálicos.

O traballo desenvolvido por Miragaya Otero permitiu, nalgúns casos, resolver as estruturas cristalinas dos compostos sintetizados en diferentes disolventes posibilitando a realización de comparativas entre as diferentes moléculas, hóspedes e estruturas xeradas. Sintetizáronse asemade derivados de sales biliares con grupos tioles potencialmente activos na estabilización de nanopartículas metálicas como é o caso do Au, ao tempo que tamén se estudou a interacción dos sistemas de nanopartículas de Au con resinas termoestables tipo epoxi, abrindo a posibilidade a novas rutas de investigación.

O catedrático ‘ad honorem’ da USC José Miñones Trillo presidiu o tribunal encargado de cualificar a tese de doutoramento presentada por Javier Miragaya Otero. Senén Paz, de Gairesa; Marta Fernández, do Centro Superior de Investigacións Científicas; Luciano Galantini, da Universidade de Roma, e a profesora da USC María Isabel Sández Macho completaron a composición de tribunal, que outorgou a máxima cualificación académica á tese presentada por Miragaya Otero.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.