Martes 16 Abril 2024

Unha ferramenta para predicir a produción eólica chega á final do EDPR University Challenge

Unha ferramenta para predicir a produción eólica chega á final do EDPR University Challenge

Investigadores do Grupo de Física Non Lineal da Universidade de Santiago presentarán na final do premio EDPR University Challenge un estudo sobre ferramentas para predicir a produción dos parques eólicos.  Dirixido polo prodesor Gonzalo Míguez Macho, o equipo fórmano tamén os investigadores Miguel Ángel Prósper Fernández e Carlos Otero Casal e o seu proxecto chega á final dun certame concibido para contribuír ao desenvolvemento da excelencia académicas dos estudantes e patrocinado por EDP, o maior grupo eléctrico de Portugal e un dos máis importantes de Europa.
O grupo pesentará o seu traballo o vindeiro 8 de outubro en Madrid con outras 14 iniciativas seleccionadas e ante un xurado composto por docentes universitarios, persoal de EDP Renewables e de Premivalor Consulting. Concederanse premios aos tres primeiros clasificados. Consisiterán nunha bolsa de estudos para os estudantes e outra de investigación ao director do proxecto.
Máis información no seguinte enlace:
 

 
 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os parques eólicos matan a case un millón de morcegos ao ano

Un estudo do CSIC advirte que un tercio das especies presentes en España están ameazadas, e máis da metade son vítimas dos aeroxeradores

As turbeiras do Xistral, as máis afectadas de Europa polos parques eólicos

Un artigo asinado por Pablo Ramil e Javier Ferreiro da USC constata que estas centrais amezan un hábitat clave fronte ao cambio climático

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

As luces e sombras dos eólicos mariños en Galicia: “É un escenario complexo e incerto”

Os expertos demandan máis estudos para analizar o impacto sobre as aves, os cetáceos, as correntes e a actividade pesqueira