José Andrés Santiago e Ana Soler.

José Andrés Santiago e Ana Soler.

Unha exposición no campus de Ourense reflexiona sobre os mapas do mundo

Desde este mércores e ata o día 7 de abril, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra A medida do mundo, do creador José Andrés Santiago e a curadora Ana Soler. A través dunha instalación mural de mapamundis nos que o planeta se representa desde diferentes perspectivas e dun vídeo ao son do latexo dun corazón, o artista propón aos espectadores saír da súa visión tradicional do planeta con Europa como centro e “pór os pés fóra para ver o mundo doutro xeito, ver outras realidades”.

A mostra inaugurada este mércores no campus, explicou o artista, forma parte dunha serie homónima e a idea da súa realización xurdiu durante a estadía de investigación de dous anos que vén de realizar en Xapón. “Neste proxecto propóñome unha categorización do mundo que nos rodea en base a outras unidades de medida. Ou o que é o mesmo, categorizar algunhas magnitudes que definen o noso mundo en termos sociais, sensoriais, vivenciais ou intuitivos, en vez de delegar nas unidades de medida convencionais”, comentou o creador sobre A medida do mundo.

En Xapón, destacou o artista, “vendo nun mapa como Fisterra aparecía efectivamente nun borde” reflexionou sobre o feito de que “hai tantos centros coma fins do mundo no planeta”. Tomando esa idea, na mostra recompila mapas políticos e mapas xeográficos nos que a visión do planeta cambia, sendo nuns casos o centro América, noutros Europa, noutros Asia e incluso o planeta ao revés. Alén da instalación de mapas, a exposición inclúe un vídeo no que se suceden “momentos, fragmentos da realidade” gravados en Xapón que en vez de en segundos se miden en latexos do corazón. Con esta proposta o artista amosou o seu desexo de “achegar aos visitantes a experiencia acumulada” durante a súa estadía de posdoutoramento no estranxeiro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.