Venres 19 Abril 2024

Unha doutoranda da USC, premiada no Congreso iberoamericano de Pedagoxía

A doutoranda Nerea Rodríguez-Regueira acadou o premio á mellor comunicación oral pre doutoral no XVI Congreso Nacional e VII Congreso Iberoamericano de Pedagoxía (SEP), o maior encontro iberoamericano que ten lugar no ámbito da investigación educativa e que nesta edición se celebrou na Complutense de Madrid. Nesta categoría, Nerea Rodríguez resultou premiada de entre un total de preto de mil comunicacións presentadas. En 2016, o congreso buscaba reunir persoal investigador da educación e a pedagoxía, mestres/as, educadores/as sociais e aos diversos profesionais do mundo educativo para reflexionar xunto sobre “Democracia e educación no século XXI’. 

A comunicación de Nerea Rodríguez levaba por título ‘O libro de texto dixital, ¿algo máis que unha moda? Unha mirada cara os últimos avances e investigacións’ e presentou unha revisión dos antecedes de investigación sobre o libro de texto en perspectiva internacional dende os últimos sete anos ata a actualidade. Este revisión organizouse arredor de catro temáticas principais: o uso destes materiais e a súa implicación na aprendizaxe do alumnado, a proliferación de librarías e plataformas dixitais que os albergan, as implicacións económicas das profesións asociadas á industria editorial e as perspectivas de futuro.

Publicidade

Esta reflexión sobre o material escolar forma parte da tese que a doutoranda realiza na actualidade co título ‘O libro de texto dixital a análise. Un estudo descritivo e interpretativo das súas características e o seu uso nas aulas galegas’ e dirixida polo profesor Jesús Rodríguez, da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Con este traballo de doutoramento Nerea Rodríguez pretende realizar unha avaliación dos diversos libros de texto dixitais empregados nas escolas co fin de estimar a súa calidade. Outro obxectivo será analizar en que medida o libro de texto dixital está supoñendo cambios significativos na práctica docente ou se, “polo contrario, a súa incorporación as aulas está contribuíndo a continuar lexitimando o poder deste material educativo”, explica a investigadora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China