Candelas Filoloxía

Un simposio aborda en Vigo as cuestións que afectan á investigación en Humanidades

10 horas, cinco poñentes e sobre a mesa os principais asuntos que afectan ás persoas dedicadas á investigación humanística. É o I Simposio de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, SIELC, que ata esta tarde se desenvolverá na sala multimedia da Biblioteca Central do campus de Vigo, organizado polo Grupo de investigación Elicin (Elyce-Literacine) do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura co obxectivo, explica a investigadora Rocío Hernández “de responder á necesidade de que os novos investigadores acaden unha formación útil para desenvolver a súa carreira investigadora, xa sexa no plano académica ou no independente. Deste xeito realizamos actividades de información sobre aspectos formais, burocráticos e metodolóxicos da carreira investigadora”. Alumnado de doutoramento de disciplinas afíns aos estudos literarios e culturais, así como estudantado de mestrado e grao, conforman a maior parte do públicos asistente a este simposio, que tamén conta coa participación de docentes e investigadores e investigadoras da Facultade de Filoloxía e Tradución.

O simposio comezou cunha sesión centrada na carreira científica na que o investigador principal do grupo Elicin, Manuel Ángel Candelas, abordou cuestións como os grupos e equipos de investigación, os proxectos ou a transferencia de coñecemento. Pola súa banda, Rocío Henández centrouse nas publicacións e bases de datos, mentres que as tamén investigadoras Gabriela Rivera e Carmen Luna ocúpanse en cadansúa intervención das axudas, bolsas e convocatorias e da internacionalización, calidade e interdisciplinariedade.

Máis información no seguinte enlace:

Unha xornada para abordar as cuestións que afectan e preocupan ás e aos investigadores humanísticos

A Biblioteca acolle hoxe o I Simposio de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, SIELC Organizada polo Grupo de investigación ELICIN do Departamento de Literatura Española 10 horas, cinco poñentes e sobre a mesa os principais asuntos que afectan ás persoas dedicadas á investigación humanística.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.