Imaxe TVG.

Imaxe TVG.

Un rapaz ourensán de 10 anos, cuarto do mundo en cálculo mental

Un alumno de 10 anos do colexio Amaro Refoxo de Verín vén de acadar o cuarto posto nos campionatos mundiais escolares de cálculo mental SuperTmatik. Raúl Vega enfróntabase a 24.000 rapaces de corenta e oito nacionalidades. A proba se desenvolveu por Internet e consistíu na resolución de multiplicacións, sumas e restas no menor tempo posible.

A competición consistía en resolver 15 operacións combinadas no menor tempo posible. Raúl non cometeu ningún erro e só foi superado por rapaces, tamén de dez anos, de Portugal, China e Malta.

As competicións SuperTmatik están destinadas a alumnos de ensino básico de escolas públicas e privadas en que se mesturan as compoñentes didáctica e lúdica nunha fórmula xeradora de motivación extra para a aprendizaxe. Ademais de Rául, outro neno español, dun colexio de Navarra, ocupa o sexto posto. Cinco dos dez primeiros clasificados son de orixe portuguesa.

Unha resposta a “Un rapaz ourensán de 10 anos, cuarto do mundo en cálculo mental”

  1. anxo

    Raúl Vega fenómeno.
    Ahora que ha demostrado lo que vale. En mí opinión, podía explicar como formó su capacidad matemática a los profesores, para a su vez, poder enseñar a los alumnos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.