cartelA4_rast

Un investigador galego recolle nun libro ‘historias curiosas’ sobre morcegos

“Meu asombro por este morcego que podía ver perfectamente, aínda que fora privado dos seus ollos, é inexpresable”. Esta anotación feita por Spallanzani no seu caderno a finais do século XVIII é o punto de partida do libro El dilema de Spallanzani y otras curiosas historias de murciélagosque o seu autor, o biólogo Roberto X. Hermida, presenta este xoves 10, ás 19.30 horas no Museo de Historia Natural da USC. A entrada é libre ata completar aforo.

Na presentación intervirán, ademais do autor, a directora do Museo, Mabel Fraga, e o licenciado en Filosofía pola USC e Máster en Desarrollo e ONGs pola London School of Economics and Social Science Xosé Luis Pastoriza. Logo da presentación, que virá acompañada por unha proxección de imaxes, haberá un pequeno debate.

Os clásicos experimentos con que Spallanzani intentou desvelar o misterioso sentido que permite aos morcegos voar na escuridade forman o esqueleto sobre o que o Hermida vai entretecendo historias, lendas, descubrimentos e as súas propias andanzas e as doutros investigadores no estudo e conservación dos morcegos para descubrirnos o incrible mundo dos únicos mamíferos que lograron conquistar o voo activo.

Roberto X. Hermida nace en Vilagarcía de Arousa en 1975 e vive a maior parte da súa vida en As Pontes. Licénciase en Bioloxía en 1998 e doutórase pola USC en 2010. Uns anos antes participa na posta en marcha do programa de estudo e conservación de morcegos Morcegos de Galicia dende a asociación Drosera. Na actualidade preside a Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.