Un investigador de Medicina da USC elabora a guía de diagnose das lipodistrofias

O investigador da Facultade de Medicina da USC David Araújo-Vilar é un dos dezasete expertos mundiais que asinan unha nova guía práctica internacional que axudará os/as profesionais da saúde na diagnose e tratamento de lipodistrofias. Estas son un conxunto de enfermidades do tecido adiposo pouco frecuentes, cuxa evidencia clínica máis salientable é a perda, total ou parcial, do tecido adiposo. Ademais, adoitan presentarse asociadas con complicacións metabólicas potencialmente graves, como diabetes mellitus, dislipemia ou fígado graxo e algúns dos seus subtipos moi raros son especialmente graves xa que levan a un proceso de avellentamento prematuro.

David Araújo-Vilar.

David Araújo-Vilar.

A guía apunta a modo de conclusión que as lipodistrofias son síndromes heteroxéneas diagnosticadas mediante fenotipo clínico complementado con probas xenéticas e que a maioría dos pacientes debe ser examinado para a diabete, dislipidemia e someterse a revisións anuais de fígado, riles e enfermidades do corazón. O cadro de expertos considera que a dieta é esencial para o tratamento das complicacións metabólicas asociadas as lipodistrofias e que a terapia baseada en Metreleptin é efectiva para as complicacións metabólicas en pacientes de hiperleptinemia con lipodistrofia xeneralizada así como para casos concretos de lipodistrofia parcial. ç

Conclúen os investigadores que outros tratamentos non específicos para estas síndromes poden ser útiles tamén, por exemplo, metformina para a diabete, estatinas ou fibratos para a hiperlipidemia, mentres que os estróxenos orais están contraindicados. A nova guía acaba de facerse pública en The Journal of Clinical Endrocrinology and Metabolism a proposta da Pediatric Endocrine Society e aprobada por máis de dez sociedades científicas de endrocrinoloxía e diabete dos cinco continentes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.