01-Praza-Praterías-Santiago2

Un estudo revela que o turismo en Galicia eleva o benestar pero tamén a desigualdade

O traballo de investigación ‘Tourism and income distribution: evidence from a developed regional economy’ é o gañador do Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade. O xurado destacou o seu carácter innovador “ao abordar dende unha metodoloxía económica os efectos do turismo e, en concreto, a incidencia sobre as desigualdades internas a unha economía rexional”. Ademais, tamén destacou “o esforzo de construción dunha matriz de contabilidade social para medir os efectos obxecto de análise” e a inclusión de “recomendacións operativas de política económica que poden servir para mellorar a actuación dos poderes públicos neste campo”. Son autores deste traballo André Carrascal Incera e Melchor Fernández Fernández, que o publicaron en Tourism Management(2015).

O traballo de André Carrascal e Melchor Fernández conclúe que o se ben o turismo ten importantes efectos positivos sobre o conxunto da sociedade galega, polo incremento do nivel de benestar, estes efectos “son máis relevantes para os grupos con maiores niveis de renda –propietarios do capital e traballo cualificado-, contribuíndo ao incremento da desigualdade”. Como explicación a este efecto, os investigadores apuntan que o resultado obedece “a que a canle de transmisión do ingreso do turismo vía o factor capital domina o ingreso vía o factor traballo, e o sistema impositivo actual e a política de redistribución non permite corrixir o impacto directo da canle de ingresos”.

Máis información no seguinte enlace:

Un traballo sobre os efectos do turismo para unha economía rexional gaña o Premio de Investigación de Economía de Galicia Valentín Paz Andrade – – USC

O traballo de investigación ‘Tourism and income distribution: evidence from a developed regional economy’ é o gañador do Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade. O xurado destacou o seu carácter innovador “ao abordar dende unha metodoloxía económica os efectos do turismo e, en concreto, a incidencia sobre as desigualdades internas a unha economía rexional”.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.