Xoves 28 Marzo 2024

Un estudo do CHUVI sobre o cancro de vexiga recibe dúas bolsas de investigación

Un estudo do CHUVI sobre o cancro de vexiga recibe dúas bolsas de investigación

Un estudo do Servizo de Uroloxía do CHUVI sobre o cancro de vexiga, no que participan tanto urólogos coma patólogos do Complexo Hospitalario Universitario vigués, ven de recibir dúas becas de investigación das sociedades Galega e Española desta Especialidade.
Dito estudo -que conta coa autorización do Comité de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense- presentouse a dúas convocatorias competitivas de axudas á investigación clínica: unha de ámbito autonómico, da Sociedade Galega de Uroloxía, e outra de ámbito nacional, da Asociación Española de Uroloxía, sendo premiado en ambas as dúas. O grupo investigador amosa o seu agradecemento á unidade de axuda á investigación do CHUVI, polo seu apoio fundamental neste proxecto de investigación
Segundo destaca a uróloga Elena Lopez Díez, investigadora principal, “este proxecto pretende valorar a asociación do xene HER2 cunha maior recorrencia e progresión do cancro de vexiga, coa posibilidade de distinguir aqueles pacientes con tumor vesical non músculo-invasor que requiren unha terapia máis agresiva de inicio, ou que poderían beneficiarse de terapias antiHER2”.
Para iso, formulouse no Complexo Hospitalario Universitario vigués un traballo multidisciplinar no que participan urólogos e patólogos deste centro, que analizan de forma retrospectiva casos de pacientes diagnosticados e tratados con cancro de vexiga de alto grao, mediante o estudo das mostras tumorais almacenadas no Biobanco do CHUVI.
A sobreexpresión do receptor HER2 tamén está presente aproximadamente entre un 20 e un 30% dos cancros de mama e asóciase a unha enfermidade máis agresiva, maior índice de recorrencia e diminución da supervivencia.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno