Venres 19 Abril 2024

Un documental e un coloquio analizan en Físicas da USC a primeira bomba atómica

A Aula Magna da Facultade de Física acollerá este martes 15 a proxección do documental ‘That’s the story. R. Glauber rememora a fabricación da primeira bomba atómica’ tras o que se desenvolverá unha sesión de coloquio. A partir das 19.00 horas, moderará o debate posterior o produtor executivo da cinta José Ignacio Latorre.

A cinta ten como protagonista ao premio Nobel Roy J. Glauber, último científico vivo da División de Teoría do Proxecto Manhattan, quen narra a vida no Álamos e alude ás súas principais personalidades científicas, á primeira proba dunha arma nuclear en Trinity, ao bombardeo  de Xapón e á secuela política do proxecto. Este documental contén material audiovisual recentemente desclasificado polo arquivo dos Álamos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles