Martes 16 Abril 2024

Un debate sobre ciencia e fe pecha a primeira edición de Regueifas de Ciencia

Fernando Sánchez Dragó, Emili Marlés, Antonio Martínez Ron e Juan Ignacio Pérez ‘Iñako’ serán os encargados de debater acerca da coexistencia entre ciencia e relixión na que será a última actividade das‘Regueifas de Ciencia’ deste ano, unha iniciativa de divulgación científica da USC financiada pola Fecyt.

Pode a ciencia por si soa explicalo todo?, un maior progreso científico implica o declive da relixión?, poden os científicos profesar algunha fe relixiosa?, hai cabida para a espiritualidade nun mundo no que a ciencia avanza a pasos de xigante? ou é a ciencia unha nova relixión en si mesma?. Para tentar dar resposta a todas estas preguntas e algunha máis, Regueifas da Ciencia convoca un novo debate o 10 de novembro ás 20.00 horas en Ciencias da Comunicación.

Publicidade

Defendendo a compatibilidade da fe e da ciencia estarán o novelista Fernando Sánchez Dragó e o sacerdote teólogo e físico Emili Marlés, que se enfrontarán dialecticamente ao xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron e a Juan Ignacio Pérez ‘ Iñako’, coordinador da Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.

Todos participan
‘Regueifas de Ciencia’, que cun enorme éxito de aceptación pecha agora a súa primeira edición, consiste en diversos debates tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometrados, estrutura por bloques…) sobre cuestións polémicas baseadas na ciencia. Os transxénicos, o cambio de fuso horario en España e a experimentación científica en animais foron os temas dos tres anteriores.

Para comprobar a capacidade persuasiva deste tipo de acción dialécticas, á entrada da sala pregúntaselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate da sesión.  O equipo que organiza estes debates, que se retransmiten en streaming dende a facultade, comezou xa a preparar o terreo da regueifa animando a un debate previo a través das súas contas en Facebook e Twitter (@regueifaciencia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

O corte transversal dunha casca de ovo, a simetría do brócoli e un nobelo de anisakis, entre as imaxes gañadores de FOTCIENCIA