Un congreso reúne en Pontevedra a expertos internacionais en fronteiras

Moito máis que unha liña entre dous países, as fronteiras son focos de cooperación e de conflito sumidas nun proceso continuo de cambio, que acontecementos como as crises migratorias ou o éxodo dos refuxiados e refuxiadas de Siria están a situar de novo na primeira liña de actualidade. Trátase pois dunha realidade a abordar desde múltiples ámbitos e perspectivas, como demostra a reunión de antropólogos, economistas, xeógrafos, historiadores, sociólogos e polítologos de España, Portugal, México, Italia e Estados Unidos que desde este xoves acolle a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, grazas ao I Congreso Internacional de Fronteiras Comparadas. Poñer en común as visións de expertos e expertas implicados en diferentes proxectos de investigación sobre os fenómenos fronteirizos “que son complementarios pero que, ata o de agora, non traballaban entre si” é, segundo salienta o profesor Enrique Varela, un dos obxectivos centrais dunhas xornadas, que promoven “un salto cualitativo, da investigación sobre unha fronteira concreta á análise dunha realidade global”.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.