Venres 19 Abril 2024

Un cento de produtores de toda España, nun curso de queixos no campus Terra de Lugo

Un curso de elaboración de queixos de pasta branda organizado pola Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxía Alimentarias (APLTA) e a Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC en colaboración coa empresa Chr. Hansen congregou preto dun centenar de participantes procedentes de toda España.

O director da EPS, Tomás Cuesta; o responsable de proxectos de I+D e innovación da APLTA, Alfonso Pérez, e José Bueno, en representación de Chr. Hansen, deron a benvida aos participantes inscritos nesta actividade formativa, cuxas sesións teóricas se desenvolveron no salón de actos da EPS. As instalacións da APLTA acolleron un obradoiro práctico de elaboración de queixos non que tomaron parte unhas 30 persoas.

Publicidade

A parte teórica do curso permitiu abordar un temario relacionado coa preparación previa do leite requirido para a fabricación de queixos desta tipoloxía (pasta branda), así como doutras cuestión relacionadas cos rendementos do queixo, os polisacáridos ou os novos cultivos empregados nos queixos de pasta branda. Xa en quenda de tarde, a temática do curso  estivo relacionada coa proteólise, o potencial redox e a la valorización destes queixos con aplicación de análise sensorial e de propiedades físicas.

O profesor de Microbioloxía y Tecnoloxía Queixeira nas escolas de industria leiteira de Surgères y Poligny, Marc Faiveley, un técnico experto en investigación e desenvolvemento para queixos de pasta branda, foi o relator encargado de impartir boa parte dos contidos programados no marco desta sesión formativa, que rematou cun obradoiro práctico na APLTA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura