ciqus_100317

Últimos días para solicitar unha bolsa de verán de investigador no CIQUS de Santiago

O prazo para solicitar unha das 15 bolsas que o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC convoca para este verán remata o xoves 20 ás 23.59 horas.

A terceira edición do CiQUS Summer Fellowships diríxese a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados para realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel. As persoas seleccionadas recibirán 700 euros ao mes e terán cubertos os gastos de viaxe.

Durante catro a seis semanas aprenderán a utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vangarda da química. Tamén poderán participar nas actividades científicas do CiQUS, que inclúen seminarios internos e o programa de conferencias impartido por figuras internacionais, e coñecer directamente a oferta formativa predoutoral do centro da USC.

Requisitos
Para solicitar unha bolsa deberase estar matriculado nun dos últimos anos dos seus estudos de grao e ter superado 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8,0 puntos sobre 10. Deberase cubrir o formulario en liña e envialo por correo electrónico a ciqus@usc.es coa documentación solicitada sinalando no asunto da mensaxe ‘Summer17’.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.