toma_posesion

Tres novos catedráticos toman posesión na Universidade da Coruña

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu onte, mércores, 14 de decembro, o acto de toma de posesión de tres novos catedráticos, logo de que cumpriran con todos os pasos requiridos para a súa promoción nun longo proceso iniciado en 2011 dificultado pola taxa de reposición existente.

Abalde manifestou a súa satisfacción pola incorporación de tres novos catedráticos “a unha universidade que necesita da súa aportación”. Insistiu na aposta polo plantel de profesorado e do persoal de administración e servizos tanto do seu equipo de goberno como dos anteriores, xa que é “onde está o talento” e animou aos novos catedráticos a seguir cos seus proxectos docentes e de investigación.

O novo catedrático José María Cardesín Díaz pertence á área de coñecemento de Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración. María del Carmen Ramírez Gómez é catedrática da área de coñecemento de Física Aplicada, do departamento de Física e a catedrática Mercedes González Sanmamed pertence á área de coñecemento de Didáctica e Organización Escolar do departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña.

Os novos catedráticos agradeceron o apoio tanto do actual reitor, Julio Abalde, como do anterior, Xosé Luís Armesto, e comprometéronse a seguir traballando na mesma liña.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.