Martes 23 Abril 2024

TodoCosmos leva a divulgación da astronomía por toda Galicia

O proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos desenvolverá durante 2017 a súa cuarta edición consecutiva co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a iniciativa do Observatorio Ramón María Aller da USC. O obxectivo de TodoCosmos é trasladar a divulgación astronómica a todos os lugares nos que sexa demanda, explica o seu director, o profesor José Ángel Docobo. Deste xeito, o Observatorio da USC complementa a súa misión investigadora e docente coa de “centro de interpretación dos cosmos, dando servizo a amplos sectores da sociedade”, engade o docente.

O proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos para 2017 presentárono este venres 19 en rolda de prensa o seu director José Ángel Docobo, que estivo acompañado do investigador Pedro Pablo Campo e de representantes dalgún dos concellos participantes. Como explicaron, este mesmo sábado 20 está prevista unha sesión de observación nocturna en Porto do Son, a partir das 22.00 horas, ás que lle seguirán outra en Carballo o 30 de maio e en Rois o 10 de xuño. Ao longo do ano, o Observatorio Astronómico da USC está aberto as peticións que dende distintos concellos ou outras entidades fan para a organización de actividades de divulgación astronómica in situ.

Publicidade

É a cuarta edición de TodoCosmos, que conta co patrocinio da FECYT

A FECYT outorgoulle a TodoCosmos a consideración oficial de “práctica innovadora en cultura científica” por ter levado actividades para todos os públicos e idade a centros educativos, comunidades terapéuticas, centros penitenciarios, prazas e rúas, paseos marítimos e fluviais ou cimas emblemáticas, entre outros lugares. Ademais, a programación inclúe a recepción de visitas e sesións de observación na sede do Observatorio Astronómico da USC.

Durante 2016 realizáronse un cento de actividades divulgativas arredor da astronomía nos concellos de Allariz, Ames, Barbadás, Boqueixón, Carral, Lalín, Melide, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo, Tordoia, Vedra, Vila de Cruces e Vilar de Santos. No propio Observatorio realizáronse sesións para colexios e grupos non só de Santiago senón tamén de Vigo, Estremadura, Sartrouville (Francia), Tordoia, Padrón, Bueu, Altea (Alacante), A Estrada e Boiro. No caso concreto de Santiago, José Ángel Docobo destacou o importante volume de iniciativas desenvolvidas como as múltiples visitas guiadas e sesións didácticas ou a celebración do Mes da Astronomía, que se imparte ao longo do mes de novembro na Biblioteca Anxel Casal.

Ademais da colaboración dos múltiples concellos galegos que se teñen sumado ás anteriores edicións de TodoCosmos, o programa conta coa colaboración da empresa Óptica Val. O equipo da iniciativa está constituído por José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

O corte transversal dunha casca de ovo, a simetría do brócoli e un nobelo de anisakis, entre as imaxes gañadores de FOTCIENCIA