lúa lúa

Os telescopios toman María Pita no Día Mundial da Observación da Lúa

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha noite de observación aberta a todos os públicos

Este sábado 28 de outubro celébrase en todo o mundo o Día Internacional de Observación da Lúa. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío súmase a esta convocatoria cunha observación pública da Lúa na Praza de María Pita da Coruña entre as 20 e as 22 horas. E para celebrarmos o 15º aniversario da agrupación (2002-2017), contaremos con 15 postos de observación, a maioría telescopios.

A agrupación Ío convida a todas as persoas interesadas “a que se acheguen á Praza de María Pita e compartan con nós unha efeméride de interese mundial”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.