Venres 26 Abril 2024

Tecnoloxía santiaguesa para a farmacéutica francesa Virbac

Representantes da compañía veterinaria francesa Virbac, unha das máis relevantes no sector farmacéutico animal, visitaron a pasada semana as instalacións da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC interesados por tres tecnoloxías desenvolvidas por investigadores da Universidade de Santiago e patentadas pola propia AVTE.

Os directivos do laboratorio francés Jules Minke, Georges Bufala e Benoit Chatrenet reuníronse cos investigadores José M. Martínez Costas, Ana M. Casal e Adolfo Paz Silva para coñecer de primeira man as tecnoloxías nas que está interesada a empresa, que actualmente ten presenza en mis de 100 países con 4.800 empregados e unhas ventas anuais superiores a 900 millóns de euros.

Publicidade

Virbac está interesada en tres patentes de saúde veterinaria da USC

O investigador José M. Martínez Costas, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), presentou a súa tecnoloxía IC-tagging, unha plataforma tecnolóxica baseada en proteínas procedentes de reovirus aviares, que forman inclusións nos citoplasmas das células. Entre as súas diversas aplicacións destaca a posibilidade de xerar vacinas máis baratas e máis fáciles producir e de manter, sen necesidade de incluír substancias adxuvantes.

Pola súa banda, Ana M. Casal, do Centro de Investigacións Biolóxicas (CIBUS), presentou na xuntanza a súa tecnoloxía fronte aos sistemas de comunicación de bacterias, coñecidos como Quorum Sensing. Trátase dunha enzima, illada dunha cepa bacteriana mariña, que permite  interferir coas sinais de Quorum Sensing impedindo que as infeccións bacterianas avancen e evitando o uso de antibióticos.

Por último, o investigador da Facultade de Veterinaria Adolfo Paz Silva explicoulles os detalles dunha tecnoloxía baseada no emprego de esporas de fungos saprófitos que reducen o risco de infección parasitaria tanto en animais de granxa como en mascotas. Deste xeito requírense menos tratamentos antiparasitarios convencionais e achégase unha solución sostible ao control de parasitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións