Hawking xunto a persoal do parador de Cambados. Foto: Facebook.

Hawking xunto a persoal do parador de Cambados. Foto: Facebook.

Stephen Hawking volve a Galicia e proba o rodaballo no parador de Cambados

O físico Stephen Hawking volveu a Galicia de vacacións. En outubro de 2014, elixiu dar un paseo por Vigo e comer nun restaurante da turística zona de A Pedra. Onte, aventurouse máis nas Rías Baixas para coñecer Cambados e almorzar no seu parador, onde degustou un rodaballo da ría de Arousa. O autor de ‘Breve historia do tempo’ chegou ao porto de Vigo moi cedo na mañá de onte mércores, a bordo dun trasatlántico, nun cruceiro de recreo, ao igual que o fixera o ano pasado, a bordo do ‘Oasis of the seas’. O físico ía acompañado da súa filla e de varias enfermeiras e auxiliares. O personal do parador de Cambados fotografouse xunto a Hawking e a súa presenza espertou certo balbordo no establecemento, ao punto de que tiveron que pechar o comedor para salvagardar a súa intimidade. Tras do almorzo, tan visitou o pazo de Rubiáns, en Vilagarcía.

Está visto que Stephen Hawking tense convertido nun namorado das Rías Baixas, aproveitando as súas viaxes de recreo a bordo de grandes cruceiros. Non sería raro volver velo por Galicia en próximas singraduras.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.