StatWars

Stat Wars, a ‘cruzada’ para levar a estatística aos institutos galegos

O grupo de Bioestatística (GRIDECMB) da USC lidera ‘Stat Wars. O despertar dos datos’, unha actividade dirixida a alumnado de ESO e de Bacharelato para transmitirlle que a estatística, ademais dunha profesión de futuro, pode ser unha ferramenta moi útil en eidos como a medicina, a economía, medio ambiente ou o xornalismo.

Baixo a dirección da profesora Carmen Cadarso Suárez, e en coordinación coa Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), o proxecto conta co apoio da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET) e está co financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), ademais de recibir a colaboración da empresa Biostatech.

O proxecto fomentará a participación da mocidade para ofrecerlle un achegamento aos contidos de forma amena e divertida. Nun único evento, a xornada comezará con charlas e visualización de vídeos sobre temas de actualidade que xerarán o debate entre os asistentes. Posteriormente, na segunda parte, realizaranse xogos e concursos nos que o alumnado participará de forma individual ou en grupo. O participante que resulte gañador recibirá o seu correspondente premio.

Stat Wars terá lugar durante a Semana da Ciencia que se vai celebrar en novembro en Santiago de Compostela.Os centros interesados en recibir máis información sobre este evento ou teñan interese en asistir poden contar co grupo GRIDECMB a través do correo electrónico proxecto.statwars@usc.es ou no teléfono 881.812.283. Hai máis información nas redes sociais Facebook e Twitter.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.