Logo de Sementeira.

Logo de Sementeira.

Nace Sementeira, o Club Olímpico de Matemáticas da USC

O proxecto está impulsado pola Facultade de Matemáticas e a Asociación Eduardo García-Rodeja para difundir o coñecemento desta ciencia

A Facultade compostelá de Matemáticas e mais a Asociación Eduardo García-Rodeja acordaron poñer en marcha o Club Olímpico de Mates – USC, que nace co nome de Sementeira como expresión da súa vontade de propagar o gusto pola resolución de problemas.

A asociación que leva o nome do que fora profesor desta Facultade de Matemáticas aglutina un grupo de docentes que dende hai anos se veñen encargando da organización da Fase Autonómica Galega da Olimpíada Matemática Española, na que se selecciona o equipo que representa a Galicia, así como da súa preparación. Nos últimos anos ocúpanse tamén de organizar as probas da Olimpíada Iberoamericana de Matemática Universitaria na USC.

Precisamente, como consecuencia do interese crecente entre o alumnado do centro por este tipo de concursos, un grupo de exolímpicos galegos tomou a iniciativa de organizar seminarios para compartir a súa paixón pola resolución de problemas. Estes seminarios son o xermolo de Sementeira, o Clube Olímpico de Mates – USC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.