Venres 29 Marzo 2024

As segundas Xornadas de Terminoloxía Matemática abren a súa inscrición

Matemáticas celebra as súas segundas Xornadas de terminoloxía matemática os días 28 e 29, de 17.00 a 20.00 horas, no Salón de Graos do centro. O programa deseñado permitirá reflexionar sobre a implantación da lingua galega nesta ciencia e máis no seu ensino.

Coñecer materiais didácticos de matemáticas en galego, reflexionar sobre a fixación e evolución do léxico galego da materia, analizar a situación legal sobre os usos lingüísticos no ensino das matemáticas ou presentar a estatística como ferramenta na investigación lingüística son os principais contidos das exposicións, que se completan cunha breve presentación dos Premios á calidade lingüística e do concurso Explícoche Matemáticas 2.0. 

Publicidade

A inscrición é de balde e débese realizar para obter o diploma de asistencia por seis horas antes do 26 de novembro. Para acadar máis información e formalizar a inscricións, as persoas interesadas deben dirixirse á web das xornadas.  Esta é unha acción formativa organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s