Venres 19 Abril 2024

Santiago estreita lazos con cinco universidades israelís

Representantes de cinco universidades israelís e dunha inglesa participan estes días en Santiago nunha xuntanza de traballo enmarcada no proxecto europeo Esprit, que ten por obxecto analizar e fortalecer a responsabilidade pública das institucións de educación superior en Israel.

O proxecto parte de que tanto o estudantado como as institucións xogan un papel central na promoción da función social da educación superior, e arredor da relación entre elas dúas xiran todas actividades. Sprit componse de tres piares fundamentais como son a análise da implicación social de estudantes e institucións/universidades, o desenvolvemento dunha ferramenta de avaliación de implicación social para avaliar o compromiso e de modelos de currículo socialmente comprometido.

Publicidade

Precisamente desenvolver un modelo de currículo universitario máis socialmente comprometido a través do servizo-aprendizaxe é a idea central do seminario ao que o grupo asiste este xoves e o venres e no que participan especialistas da Universidade de Santiago que traballan neste eido da innovación educativa, que ademais de sesións teóricas explicarán algunhas experiencias que se levan a cabo na USC.

A comitiva, que foi recibida pola vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, está composta por persoal das Universidades Ben Gurion do Negev (Beer Sheva), Bezalel academy of Arts de Xerusalém,  Hebrew University of Jerusalem, The Interdisciplinary Center de Herzliya, Tel Hai Academic College (Upper Galilee) e Universidade de Brighton (Reino Unido).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China