Santiago Wakayama

Santiago colaborará en investigación coa universidade xaponesa de Wakayama

Santiago colaborará en investigación coa universidade xaponesa de Wakayama

A USC mantén unha intensa política de cooperación internacional universitaria con institucións de educación superior e investigación xaponesas, que se ve favorecida por afinidades culturais –Camiño de Santiago e Kumano Kodo– e celebracións como o año dual España-Xapón.

Redundando nesta colaboración no eido académico e investigador, recentemente o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC e o Centro para Investigación en Turismo da Universidade de Wakayama acordaron cooperar en materia de investigación, o que, en palabras do reitor, “ redundará na proxección internacional de ambas institucións nun contexto tan relevante para nós como é o turismo”. Sentaron tamén as bases para definir a mobilidade de estudantes de doutoramento e master e propostas conxuntas de proxectos europeos (H2020 e Erasmus+).

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.